
A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas
bij 1 winkel
Verwant
Streepjescode: 9788419840660
Alle aanbiedingen
- bol.comA lagoa máis fermosa de tódalas lagoasNaar de winkel€ 11,99Op voorraad
We verdienen mogelijk commissie als je via deze link koopt. Wat jij betaalt verandert niet.
Over dit product
Conto infantil no que as nenas e nenos descubrirán a importancia da reciclaxe a través dunha renovada visión, usando esas historias de reis e raíñas, de mundos fantásticos que, nesta obra, se mesturan con elementos do noso entorno, convertendo en protagonistas a botas, gotas e mochilas. Trátase de inculcar o dar unha segunda vida a aquilo que xa non é útil para o seu propósito inicial pero que permite manter vivo o noso mundo, a fermosa lagoa, pero cun transfondo que vai moito máis alá na creación e consolidación da personalidade e educación da infancia. Unha historia de concienciación sobre a reciclaxe, pero tamén outros aspectos que afectan a toda a sociedade, como o respecto e a fraternidade. Un rei enlouquecido polo aspecto físico, metáfora que podemos extrapolar á vida real na que o afán por aparentar pode acabar con nós, en sentido figurado... ou non. Ou como unha pinga, tan diferente de por si a unhas botas, acaba establecendo unha gran amizade con alguén tan diferente a ela mesma e, por suposto, o respecto por unha manta vella chea de sabedoría e vivezas que representa a importancia de aprender dos nosos maiores e o respecto que por eles debemos profesar. Inculcar valores que nos permitan avanzar con comprensión e respecto dentro da sociedade da que formamos parte.
Omschrijving aangeleverd door bol.com.