Naar de inhoud
GiftCoves
Vento de marzo

Vento de marzo

€ 11,00

bij 1 winkel

Streepjescode: 9788484877905

Alle aanbiedingen

We verdienen mogelijk commissie als je via deze link koopt. Wat jij betaalt verandert niet.

Over dit product

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra —silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura— ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na literatura, na música e na análise lúcida o seu primeiro territorio de liberdade. A chegada a Londres, a comezos dos sesenta, xunto ao seu compañeiro Fernando Pérez Barreiro, abriu un exilio voluntario que fixo da cidade un fogar intelectual. Alí, entre bibliotecas, debates e horizontes cosmopolitas, Barro converteuse nunha voz singular do galeguismo no exterior: cofundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, tradutora para organismos internacionais —incluíndo a primeira versión galega de Alice in Wonderland- até os 88 anos e exploradora das disciplinas astrolóxicas e filosóficas. Vento de marzo. Caderno de menoria non é só memoria: é unha mirada crítica sobre o século XX e as mudanzas do novo milenio. Cunha prosa sobria e exacta, a autora examina o derrubamento das estruturas patriarcais, a deriva das democracias e o valor irrenunciábel da autonomía individual. Desde a serenidade da madureza, ofrece o testemuño dunha observadora que contemplou o mundo con claridade e sen concesións á nostalxia.

Omschrijving aangeleverd door bol.com.

Inloggen

Aanmelden met Google
of

Vul je e-mailadres in en we sturen je een aanmeldlink. Geen wachtwoord om te onthouden.